Trasladado ao Chuac un ciclista que caeu da bicicleta no centro da Coruña

O home sufriu unha indisposición.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Un ciclista que circulaba pola Avenida de Glasgow na cidade herculina foi trasladado ao complexo hospitalario coruñés tras caer da bicicleta despois de sufrir unha indisposición.

Así o transmitiron ao 112 Galicia varias persoas particulares, que contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ás 19,00 horas deste pasado mércores, informou o servizo de emerxencias.

Tras a alerta, o persoal do CIAE 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, aos Bombeiros da Coruña e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o ciclista foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).

Unha persoa circula en bicicleta por unha vía do centro
Unha persoa circula en bicicleta por unha vía do centro | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta