Por Europa Press / Redacción | Lugo | 07/08/2021 | Actualizada ás 12:06
Un novo cribado realizado no Centro de Atención a Maiores en Ribadeo --previsto para o vindeiro luns e adiantado a este venres-- descobre 4 novos positivos, que se suman aos 3 existentes.
Segundo informou a Deputación de Lugo, todos os positivos son asintomáticos e atópanse illados na súa habitación, agás un deles, que se atopa estable no hospital e ingresado pola evolución de patoloxías previas.
Así mesmo, desde a dirección do centro, aseguraron que a situación está "estable" e avogan por seguir o cumprimento dos "rigorosos" protocolos establecidos para facer fronte á situación.
Por outra banda, o cribado realizado este venres forma parte da política da Deputación lucense de realizar cribados diarios para "protexer a saúde de traballadores e traballadoras da institución" así como tamén dos usuarios dos servizos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.