Rescatado con vida un home que flotaba no medio da Ría de Ferrol

Foi rescatado por uns pescadores sobre as 07.30 da mañá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Un home foi rescatado con vida e trasladado despois de ser localizado cando flotaba no medio da Ría de Ferrol na mañá deste martes. Segundo relatou o 112 Galicia, foron uns pescadores que se atopaban na zona os que, ás 7,30 horas, contactaron co 112 Galicia para avisar do achado dunha persoa que flotaba no mar, próxima á zona da Ermida de Caranza.

Por iso, por parte do CIAE-112 púxose a información en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Nacional e Local de Ferrol, dos servizos sanitarios de urxencia e de Protección Civil do concello.

Unha vez no punto, os axentes da Policía Local comunicaron ao 112 que o home xa fora rescatado polos pescadores e que se atopaba fora da auga. Pola súa banda, o 061 confirmou o traslado da persoa ao Hospital Arquitecto Marcide, en Ferrol.

Mariscadores na ría de Ferrol
Mariscadores na ría de Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta