Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/01/2014 | Actualizada ás 17:00
Hai uns días, La Voz de Galicia, por fontes da Xunta, destacaba que o goberno de Feijóo estimulará a natalidade con axudas económicas.
"Galiza dá 360 euros por cada filho", titulaba hai uns días o xornal Expresso, un dos máis importantes do país veciño ao lembrar que a Xunta --sempre segundo o xornal de Santiago Rey que é no que se filtran a maior parte das novas do Goberno galego-- dará 360 euros por cada fillo.
"A Galiza quer rejuvenescer a população local e dá benefícios às famílias com filhos, como incentivos fiscais e subsídios", engadía este xornal ao suliñar que o goberno de Feijóo adopta "máis medidas de estímulo á natalidade, numa altura em que o país debate a polémica questão do aborto".
"Estas medidas entram em vigor, depois de o governo espanhol ter aprovado há duas semanas a lei do aborto mais restritiva desde a democracia, que põe fim ao direito à interrupção voluntária da gravidez nas primeiras 14 semanas, mesmo em caso de malformação do feto e limita o aborto aos casos de violação e risco para a saúde da mulher", engade o Expresso.
Entre os principais beneficios están os incentivos fiscais e o aumento dos subsidios por nacemento, que soben de 300 para 360 euros. No caso dos municipios con menos de cinco mil habitantes as axudas serán superiores en 20%, recolle aludindo á información de La Voz.
Tamén apunta que, a partir do segundo fillo, as familias con rendementos abaixo dos 30 mil euros anuais non pagarán as matrículas nas escolas da rede "A Galiña Azul" e tamén será privilexiado o acceso á vivenda para familias con fillos, en casos de arrendamento e rehabilitación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.