O Grupo Voz resucita a Paco Rodríguez

O Grupo Voz faille dúas entrevistas ao ex lider da UPG en menos dunha semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2014 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O ex líder da UPG, ex-deputado do BNG e ex-coordinador desta formación no Congreso, Francisco Rodríguez, volveu ser portada estes días e non, precisamente, pola súa actividade política, ou iso, é cando menos, o que el mesmo declarou nas dúas longas entrevistas que lle realizou o Grupo Voz.

Francisco Rodríguez nunha entrevista en La Voz de Galicia
Francisco Rodríguez nunha entrevista en La Voz de Galicia

A primeira delas tivo lugar en Vía Televisión, o programa estrela de Voz TV, o pasado 8 de xaneiro. Nela, Rodríguez admitiu que a ruptura no BNG tras o proceso de Amio, que deu lugar a aparición de Anova e a Compromiso por Galicia, supuxo un importante "golpe moral" para o BNG. "E trouxo desánimo á formación", dixo. Con todo, suliñou que o BNG quedou "maioritariamente" intacto, aínda que das 10.000 persoas, segundo el, que militaban no Bloque antes da asemblea da ruptura, "uns mil marcharon para casa". Precisamente, tras esa ruptura, o BNG baixou a sete deputados e converteuse na cuarta forza parlamentaria, detrás de AGE.

Precisamente, nos puntos nos que se fixo máis insistencia nesa entrevista foi na ruptura protagonizada en Amio e sobre o papel de Beiras no mesmo e a aparición de Anova. Unhas cuestións que se volveron repetir na entrevista que este domingo, 12 de xaneiro, o xornal La Voz sacaba a toda páxina, e no que o ex líder da UPG volvía insistir en parte dos mesmos argumentos.

"No BNG estamos curados"

"No BNG estamos curados. Non temos ferida ningunha. Cando hai un conflicto político hai que asumilo. O BNG está facendo ben en mirar cara adiante", dicía ao ser preguntado por unhas declaracións do portavoz do BNG, Xavier Vence, na que destacaba que aínda hai "feridas abertas" desa escisión.

Ademais, insistiu en criticar a alianza de Anova con EU porque "favorece a idea de estrutura do Estado Español tal e como está, e o papel que oucpa Galicia, que é moi subordinado, dependente e marxinal", destacaba nesta entrevista. 

Do Bipartito só se salva Suárez Canal

Por outra banda, tamén fixo autocrítica da etapa do Bloque no bipartito e só salvou á Consellería do Medio Rural, que dirixía Alfredo Suárez Canal. "Houbo unha parte que estaba nos parámetros claros do BNG e outras nas que creo que non se estivo á altura das circunstancias", dixo en relación aos departamentos que entón dirixían Anxo Quintana ou Teresa Táboas.

Do "boicoz", ás entrevistas

Estas entrevistas no Grupo Voz prodúcense logo de que teñan minguado as de Xosé Manuel Beiras, o líder de Anova e voceiro de AGE no Parlamento galego. Precisamente, destacados cargos da UPG animaron ao "boicoz" durante as pasadas eleccións autonómicas polo que consideraban un apoio explícito do grupo de Santiago Rey a AGE para "rachar o nacionalismo".

Non son as dúas únicas entrevistas que lle fixeron a Rodríguez. No último mes xa leva tres, case máis que o propio Vence nesa mesma época e, iso, sen ter ningún cargo orgánico dentro do BNG. A primeira delas tivo lugar a mediados de decembro na Radio Galega, medio público que tamen soen tildar de manipulador os dirixentes da UPG. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

2 Carroñez

Titular sensacionalista para unha web que vive da carnaza

1 Un votante desencantado

As verdades doen, eh?. Non era a Voz a que se aliara con Beiras. E agora quen está aliado con La Voz?. Que pasa, agora xa non lle facemos boizoz?. O curiña alcalde de Pontevedra vese que o teñen en alta estima os cabaleiros a soldo de don Santiago I pola pasta que lle pon en propaganda pura e dura como fai a Xunta. LAMENTÁBEL

2 Ben carroñeira

Que verdades? Que o dr. Vie_iras está queimado? Por iso agora toca deixalo descansar e correr un est_u_pido velo e facer ver que son moi neutrais e tal e sacar ao Paco Zarz_uelas, non vaia ser que se nos note moito, pero non se poña ninguén nervioso, cando veñan as eleicións xa volverán á carga.

1 Independentista

Paco Rodríguez é un ninguén. Home,é o gran Papa dos 2000 pitufos da seita. Pero un tipo mediocre e orgulloso.O Pobo sábeo.

1 mariñaen galician

mediocre? e quen es ti para dicir iso?. É o pobo quen dí iso? pois entón pasemos un "pupilo velo".

2 reginodelapena

E tudo o que queiras,pero apos de Moncho,asasinado polos de sempre,ven Rodriguez,Bautista i muitisimos outros que entregaron a sua vida pola terra que os viu naceren.