O Grupo Voz resucita a Paco Rodríguez

O Grupo Voz faille dúas entrevistas ao ex lider da UPG en menos dunha semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/01/2014 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O ex líder da UPG, ex-deputado do BNG e ex-coordinador desta formación no Congreso, Francisco Rodríguez, volveu ser portada estes días e non, precisamente, pola súa actividade política, ou iso, é cando menos, o que el mesmo declarou nas dúas longas entrevistas que lle realizou o Grupo Voz.

Francisco Rodríguez nunha entrevista en La Voz de Galicia
Francisco Rodríguez nunha entrevista en La Voz de Galicia

A primeira delas tivo lugar en Vía Televisión, o programa estrela de Voz TV, o pasado 8 de xaneiro. Nela, Rodríguez admitiu que a ruptura no BNG tras o proceso de Amio, que deu lugar a aparición de Anova e a Compromiso por Galicia, supuxo un importante "golpe moral" para o BNG. "E trouxo desánimo á formación", dixo. Con todo, suliñou que o BNG quedou "maioritariamente" intacto, aínda que das 10.000 persoas, segundo el, que militaban no Bloque antes da asemblea da ruptura, "uns mil marcharon para casa". Precisamente, tras esa ruptura, o BNG baixou a sete deputados e converteuse na cuarta forza parlamentaria, detrás de AGE.

Precisamente, nos puntos nos que se fixo máis insistencia nesa entrevista foi na ruptura protagonizada en Amio e sobre o papel de Beiras no mesmo e a aparición de Anova. Unhas cuestións que se volveron repetir na entrevista que este domingo, 12 de xaneiro, o xornal La Voz sacaba a toda páxina, e no que o ex líder da UPG volvía insistir en parte dos mesmos argumentos.

"No BNG estamos curados"

"No BNG estamos curados. Non temos ferida ningunha. Cando hai un conflicto político hai que asumilo. O BNG está facendo ben en mirar cara adiante", dicía ao ser preguntado por unhas declaracións do portavoz do BNG, Xavier Vence, na que destacaba que aínda hai "feridas abertas" desa escisión.

Ademais, insistiu en criticar a alianza de Anova con EU porque "favorece a idea de estrutura do Estado Español tal e como está, e o papel que oucpa Galicia, que é moi subordinado, dependente e marxinal", destacaba nesta entrevista. 

Do Bipartito só se salva Suárez Canal

Por outra banda, tamén fixo autocrítica da etapa do Bloque no bipartito e só salvou á Consellería do Medio Rural, que dirixía Alfredo Suárez Canal. "Houbo unha parte que estaba nos parámetros claros do BNG e outras nas que creo que non se estivo á altura das circunstancias", dixo en relación aos departamentos que entón dirixían Anxo Quintana ou Teresa Táboas.

Do "boicoz", ás entrevistas

Estas entrevistas no Grupo Voz prodúcense logo de que teñan minguado as de Xosé Manuel Beiras, o líder de Anova e voceiro de AGE no Parlamento galego. Precisamente, destacados cargos da UPG animaron ao "boicoz" durante as pasadas eleccións autonómicas polo que consideraban un apoio explícito do grupo de Santiago Rey a AGE para "rachar o nacionalismo".

Non son as dúas únicas entrevistas que lle fixeron a Rodríguez. No último mes xa leva tres, case máis que o propio Vence nesa mesma época e, iso, sen ter ningún cargo orgánico dentro do BNG. A primeira delas tivo lugar a mediados de decembro na Radio Galega, medio público que tamen soen tildar de manipulador os dirixentes da UPG. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

7 Máis_BNG

Coincidencia total coa valoración de Suárez Canal, non só foi o mellor conselleiro do rural que tivo Galiza en democracia (a pesares de que o anterior foi dos mellores de Fraga), pero é que amáis o seu Bantegal tivo que ser recoñecido polos seus peores inimigos. Pero hai que decir que non foi o único, como ben dixeron os xuizes hai pouco no que atingue ao plan eólico. E engado ademáis, que non hai comparanza no pulo que se lle deu á industria co bipartito coa ineptitude deste.

6 Un farto

Pódese facer unha crítica a Francisco Rodriguez no que a súa forma de enter unha fronte ou de participar nela se refire, pero no tocante a coherencia, traballo e compromiso ninguén pode poñelo en tela de xuizo. Para min a entrevista en V televisión foi necesaria porque había a necesidade de que se defendera un home que é a diana de todos, incluido a Voz de Galicia e polo que se ve Galica Confidencial tamén, entre outros. Pero o que me gosta de este señor é a sinceridade.

5 Alber

Ese titular é xornalismo lixo. Mágoa.

4 Cumpremoviola

Segundo Paco Rguez, a única consellería que estivo á altura da circunstancias “foi a do Medio Rural [que dirixía Alfredo Suárez Canal]”. Outra “verdade” absoluta do ex-xefe do politburó. Tan rotundo como simplista e maniqueo. Como de costume, bons ou maus; branco ou negro e de oca a oca, tiro porque me toca. Que casualidade, facer táboa rasa e protexer exclusivamente ao sagrado comité central e aos seus membros. Sectarismo e endogamia en estado puro. Non ten remedio.

3 Un de ANOVA

Lendo as miserias e as simplezas de Rodriguez un preguntase como foi posible que este home mandara no nacionalismo tantos anos

1 Pazo de Beiras

Hipnitizaba á xente poñíache microchips moitas maldades. Os beiristas pensades por vos mesmos