A Xunta abre a consulta previa para unha nova lei de comunicación audiovisual de Galicia

Busca situar á CRTVG para afrontar os retos aos que se enfrontan os medios públicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2024 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

A web da Xunta publica este venres a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecue á normativa europea e á realidade que derivada dos cambios tecnolóxicos dos últimos anos. Nun comunicado, a Administración autonómica explica que con esta norma buscará adecuar a oferta da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) á diversificación dos formatos audiovisuais, nun contexto cunha audiencia fragmentada e globalizada pola que compiten non só os fornecedores tradicionais do servizo de comunicación audiovisual, senón tamén fornecedores globais.

Tamén trata de reforzar a misión e valores do servizo público que presta a CRTVG, entre eles o reto de situar adecuadamente a lingua galega no contexto dos novos formatos dixitais de información e entretemento.

A Xunta sinala que as modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeneral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal para axustalo a esta normativa e ás novas demandas dos consumidores no ámbito audiovisual, que cambiaron moito nos últimos tempos.

En definitiva, a nova Lei de comunicación audiovisual tratará de adecuar a lexislación galega ás últimas modificacións normativas a nivel español e comunitario e situar a CRTVG para afrontar os retos aos que deben enfrontarse os medios públicos nun marco de competitividade de medios e servizos audiovisuais.

Muller vendo a televisión/NBCnews/andresr / Getty Images
Muller vendo a televisión/NBCnews/andresr / Getty Images

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se alguén ten a paciencia de ler este post escrito hai 14 anos atrás, poderá comprobar como os enlaces que antes eran libres agora son por suscrición, ademáis terá noticia daquel primeiro apagón informativo, do que agora xa imos polo terceiro apagón e cada vez temos menos onde elixir e máis tecnoloxía disposta a vixiar continuamente a nosa vida cultural... https://gamela00.blogspot.com/2010/... En calquera caso a ver se a Xunta se atreve a incorporar de balde a canle europea de noticias EuroNews (alguén sabe se Catalunya ten acceso en aberto a EuroNews en catalán ?) Ao fin e ao cabo a estaríamos pagando tódolos demáis que non temos acceso a ela... Saúde e Pacencia... No Día da Liberdade de Prénsa !