A gala dos premios de teatro María Casares celebrarase o 9 de setembro na Coruña

Paula Carballeira e Chiqui Pereira dirixirán este evento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A gala dos XXV Premios de Teatro María Casares celebrarase o próximo 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña e estará dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira, segundo informa a organización.

Neste 2021, outro ano marcado pola evolución da pandemia, os premios alcanzan o seu XXV edición, "circunstancias que terán un importante protagonismo no espectáculo ideado para a cerimonia de entrega dos galardóns".

Trátase dun evento organizado desde 1997 pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co patrocinio de institucións e entidades públicas e privadas.

"Deste xeito, a gala virará ao redor da conmemoración das vodas de prata dos galardóns e da resistencia presencial fronte a pandemia que golpeou especialmente tanto o sector das artes escénicas como ao conxunto dos seus profesionais", explica a asociación.

Paula Carballeira, quen tamén se encarga da dramaturxia, e Chiqui Pereira contarán cun elenco interxeneracional formado por Casilda Alfaro, Nuria Sanz, Suso Cortegoso, Alba Bermúdez e Nelu Vermouth. Ademais, haberá diferentes colaboracións especiais, como as que protagonicen os dramaturgos Carlos Santiago e Clara Gayo, e a música de Nacho Sanz. A escenografía correrá a cargo de Suso Montero.

Paula Carballeira codirigirá a gala María Casares na súa 25 edición. AAAG
Paula Carballeira codirigirá a gala María Casares na súa 25 edición. AAAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta