Non ao fútbol gaélico mixto

O presidente da asociación reitora dos deportes gaélicos en Europa avisa aos cinco equipos da Liga Gallaecia que non existe a modalidade mixta e ameázalles con accións legais por usar a súa 'marca'.

Por gcdeportes | Compostela | 15/01/2014 | Actualizada ás 00:28

Comparte esta noticia

Non hai espazo para o deporte mixto dentro do European County Board, a entidade que rixe os deportes gaélicos no continente europeo. Nas últimas semanas, Brian Sheehy, presidente do consello europeo, ten enviado mensaxes aos distintos equipos da Liga Gallaecia para negarlles a posibilidade de xogar partidos mesturados de homes e mulleres baixo o paraugas oficial do fútbol gaélico.

Plantel do equipo compostelán do Suevia.
Plantel do equipo compostelán do Suevia.

Segundo Sheehy, é unha cuestión de integridade física: no fútbol gaélico masculino permítese o contacto, non así no feminino. Son diferentes e polo tanto mesturalos vai contra a esencia e a tradición do deporte máis popular en Irlanda. “Hai equipos separados en fútbol, en baloncesto, en rugby... todos nos que hai contacto físico polo que... por qué debería GAA (siglas en inglés da Asociación Atlética Gaélica) ser diferente?”, argumenta. “Vostede di que xoga fútbol gaélico, pero non. Fútbol gaélico só xogan os clubs rexistrados na asociación GAA”.

De feito, Brian Sheehy lembra aos integrantes da Liga Gallaecia que só os clubs representados na denominada Liga Galega son parte oficial da GAA (dende novembro) e só eles poden xogar o fútbol gaélico ‘oficial’ en Galicia. O presidente do European County Board insta á Liga Gallaecia a respectar as regras da asociación e non xogar partidos mixtos para poder ser parte da organización. “Xa hai equipos femininos na Liga Galega, de xeito que as mulleres poden xogar coas súas propias regras”. Sheehy incluso amenaza aos equipos con denunciar a ilegalidade que supón usar a súa marca, para deste xeito protexer a esencia do deporte gaélico.

Suévia de Compostela, Torques de Lugoslavia, Afiadoras de Ourense, Ambilokwoi de Vigo e Cascarilha da Coruña disputan dende outubro a 'Liga Gallaecia'. Mentres, na Liga Galega participan Pontevedra Fútbol Gaélico, Irmandiños da Estrada, Estrela Vermelha de Santiago, Mecos do Grove e Fillos do Breogán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 126 comentarios

35 Antomm

Que veñan xogar as rapazas cando queiran, iso si cando volten sen dentes por lances do xogo á casa que non veñan en plan vitimas e con trangalladas de violencie machista e demais.

34 ivan. mecos fg

Ahi vai unha aclaracion por se non se esta ben informado: non se falou de expulsar o estrela da liga galega senon o seu afestrador. Por certo os q non estades axudar o deporte sodes todos os q o usades para o q non e deporte e so ides conseguir q a gaa nos prohiba xogar a todos porq agora mesmo estan a seguir esta nova dende irlanda

1 failume

Dalle as grazas a quen a filtrou, non? Se a nova se está a seguir foi porque, como ben comentou Brian Sheehy a través de Twitter, alguén a filtrou sen o seu permiso. Era unha mensaxe privada, non unha carta aberta... pero en fin, alá cadaquén coa súa conciencia.

33 Pikameunjuevo

Eiqui hai máis trolasos por m2... O que hai que facer e apoiar ambas ligas e este deporte! é deporte carallo, para pasalo ben, deixadevos destas paiasadas de discusións

32 Eus

Grazas ao lumbreras q filtrou isto e como non grazas a GC por publicar isto e permitir q se siga a botar xurro sobre o futebol gaelico (misto ou non)

31 mixto SI

A solución e moi doada. O fútbol gaélico mixto existe e se chama Peil Abú ( http://www.gaa.ie/coaching-and-game... ) e está recoñecido pola GAA. Que se deixen de tonterías e monten equipos oficiais de Peil Abú.