Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2021 | Actualizada ás 14:27
Con motivo da celebración do Ano Xacobeo, Roberto Verino presentou, no marco da súa bodega Gargalo, situada dentro da D.O Monterrei, un novo concepto de comunicación en forma de evento innovador baixo o nome de Caminae. Foi un encontro onde xornalistas, influencers e líderes de opinión debateron sobre moda, tendencias e o futuro do retail.
"A nosa idea e achegar a Roberto Verino ao público, interacturar e aprender. Neste caso fixémolo co concepto de unir viño e moda e foi un gran éxito", explica a directora de marca, Cristina Mariño. A estratexia de comunción da compañía pasa por conectar con novos targets. "Tras estes dous anos tan duros no que a Covid nos cambiou, en Roberto Verino queremos darlle valor ao feito de poder brindar nun evento seguro que nos conecta ca nosa orixe e legado", sinala Mariño.
FUSIÓN DE MODA, TENDENCIAS E INNOVACIÓN
Con Caminae a marca o que busca e celebrar varios encontros ao longo de todo o país co obxectivo de "fusionar a moda de Roberto Verino coas tendencias, territorios, artesanía e innovación", segundo explica a marca nun comunicado.
A CEO da compañía, Dora Casal explica que consideran necesario interactuar co entorno que os rodea para facer moda. "A nosa esencia como marca baséase en apostar por produccións curtas, e o emprego de proximidade", indica Casal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.