Controlado un incendio en Pobra de Trives que afectou a 1,5 hectáreas

No concello de Calvos de Randín tamén se produciu este xoves outro incendio forestal que, segundo Medio Rural, queimou 0,2 hectáres de monte raso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Os servizos de extinción lograron controlar un incendio que desde a tarde deste xoves afecta o municipio ourensán da Pobra de Trives e que, polo momento, afectou a 1,5 hectáreas.

Segundo trasladou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 17,15 horas na parroquia de Pareisás e quedou baixo control unha hora despois, ás 18,22 horas.

As primeiras estimacións cifran en 1,5 hectáres de monte raso a superficie afectada. Na zona traballan un axente, cinco brigadas, tres motobombas e dous helicópteros.

Ademais, o tamén ouresano municipio de Calvos de Randín rexistrou este xoves outro incendio forestal que, segundo Medio Rural, queimou 0,2 hectáres de monte raso.

As chamas declaráronse ás 06,45 horas. Nos traballos de extinción, que concluíron pasadas as 10,00 horas, interviñeron dous axentes, tres brigadas e dúas motobombas.

Incendio. CARLOS CASTRO
Incendio. CARLOS CASTRO | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta