Temas: MEL AGRO ALLARIZ

A 'Feira dos produtos apícolas' de Allariz busca ser referente no sector en Galicia

O sábado 4 de setembro terá lugar a súa terceira edición, tras o parón do 2020 por mor da pandemia, e contará con apicultores de Galicia e de Portugal.

Por X.M. Fernández | Allariz | 02/09/2021 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

A III Feira dos produtos apícolas contará con 12 postos de Galicia e Portugal incluíndo, como non, os apicultores locais. Un gran escaparate para o sector que amosará toda a súa riqueza e diversidade no entorno da Praza do matadoiro (no exterior do mercado da reserva da Biosfera) en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.

Noela Torres, técnica de AGA, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente e María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo. Foto: Prensa Concello de Allariz
Noela Torres, técnica de AGA, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente e María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo. Foto: Prensa Concello de Allariz

O visitante, ademais de produtos e material apícola, poderá coñecer unha gran variedade de meles e os seus derivados. Así, pois, haberá diferentes produtos da colmea como o pole ou o própole, e outros derivados do mel coma poden ser infusións, cervexas ou cosmética apícola.

ALGO MÁIS QUE UN MERCADO

A intención da feira é afastarse da idea tradicional de mercado e amosar algo máis que os produtos da colmea. Durante a xornada terá lugar unha actividade de degustación de meles cinco estrelas vinculada ao programa apiturismo de teu xacobeo 2021-2022.

Haberá unha degustación de 'meles cinco estrelas'

Asociación Galega de Apicultura e Concello de Allariz organizan de forma conxunta esta feira coa intención de pór en valor este produto e todos os seus derivados. Ao longo do ano AGA e Concello colaboran tamén con iniciativas como o Día da Abella ou  a través de cursos de formación  para o sector. 

Temas: MEL AGRO ALLARIZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta