Temas: XUNTA EMPREGO

Habilitan dende este xoves o "GaliciaAberta", un portal que reunirá a oferta de emprego dixital para galegos no exterior

A web 'GaliciaAberta', que estará dispoñible este 2 de setembro, permitirá que as empresas tecnolóxicas que se adhiran promovan a súa visibilidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A Xunta habilita a partir deste xoves un portal electrónico que reunirá as ofertas de emprego existentes no ámbito dixital para os cidadáns de Galicia que residan no exterior. A web 'GaliciaAberta', que estará dispoñible este 2 de setembro, permitirá que as empresas tecnolóxicas que se adhiran promovan a súa visibilidade.

As persoas interesadas poderán navegar polas distintas ofertas para seleccionar a que mellor se axuste ás súas preferencias. Ademais, tamén haberá un apartado que recollerá as distintas compañías do sector TIC que operan en Galicia. A páxina botará a andar este xoves con 21 oportunidades de emprego orientadas a emigrantes retornados ou que desexen volver á comunidade.

Unha persoa cun ordenador
Unha persoa cun ordenador

Temas: XUNTA EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta