Pontevedra volverase encher de atletas de elite cun tríatlon a nivel estatal

Agárdase que as probas, previstas para o mes de outubro, supoñan unha "importante inxección económica" na cidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Pontevedra volverá estar o vindeiro mes de outubro no centro dos focos do deporte ao celebrar o Campionarto de España en distancia Sprint. As probas deste certame a nivel estatal terán lugar os vindeiros 2 e 3 de outubro, unhas xornadas na que o río Lérez e a Avenida de Buenos Aires trocarán no escenario dos tríatlons máis esixentes e competitivos de todo o territorio.

Gustavo Rodríguez, terceira participación no Embrunman.
Gustavo Rodríguez, terceira participación no Embrunman. | Fonte: Imanol Mujika (triatlonnoticias)

O certame convoca probas en múltiples categorías, pasando dende atletas xuvenís ata a elite, sen deixar de lado os deportistas do paratriatlón. Á cidade do Lérez acudirán corredores de todo o Estado, unha circunstancia que, a ollos do concelleiro de Deportes, Tino Fernández, suma peso ao vencello da cidade con esta proba de orixe grega: “Pontevedra respira tríatlon e acolle con moito agarimo calquera proba deste deporte”, destacou o edil. 

Á parte dos moitos veciños que poderán gozar deste espectáculo de resistencia dende o outro lado das vallas, a cidade do Lérez mantén un vencello especial coa proba polos moitos atletas de elite que das súas rúas saíron. Así o acredita a presenza de Javi Gómez Noya, Saleta Castro ou Pablo Dapena, cuxos trunfos e traxectoria “dan unha idea da importancia do tríatlon en Pontevedra”, segundo apuntou o edil. 

“A realización de probas de alto nivel serve para fomentar e ampliar a base da que esperamos que sigan saíndo novos campións e campioas”, destacou pola parte social Fernández, que tampouco deixou pasar o impacto económico dunha cita como esta: “o tríatlon atrae a un gran número de deportistas e familiares, o que supón unha importante inxección económica para a cidade”, aseverou. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta