Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 08/09/2021 | Actualizada ás 11:32
Axentes da Policía Nacional detiveron na Coruña a dous fuxitivos internacionais buscados por asasinato e branqueo de capitais, segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Galicia.
O primeiro fuxitivo era buscado en Venezuela por feitos que se remontan ao ano 2016, cando, presuntamente, interceptou e ameazou a un home na vía pública para trasladalo ata a vivenda dun terceiro, onde lle reclamou diñeiro e disparoulle varias veces causándolle a morte.
A segunda fuxitiva estaba reclamada polas autoridades de Colombia por defraudar, tamén no ano 2016, 1.080 millóns de pesos pola destrución de vehículos e falsificación de documentos acreditativos para recibir compensacións económicas por parte do Ministerio de Transporte colombiano.
Ambas as investigacións iniciáronse cando os axentes recibiron información, a través dos mecanismos de cooperación policial internacional, na que se solicitaba a colaboración para a localización e detención de dúas fugitivos, de nacionalidades venezolana e colombiana, reclamados polas autoridades daqueles países por un delito de homicidio e branqueo de capitais respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.