A Xunta actúa con atraso e prohibe a pesca no encoro onde morreron centos de aves envelenadas

Ecoloxistas levaban días pedíndolle que actuara.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente decidiu prohibir a pesca desportiva no emblase de Vilagudín, no municipio de Ordes, despois do episodio de contaminación que supuxo o envelenamento de centos de aves.

Ecoloxistas en Acción denunciou esta semana a morte de medio centenar de aves e o envenamiento de centos de exemplares, na súa maioría gaivotas, á vez que acusaba á Xunta de inacción e demanba a veda da pesca na zona.

Este venres, nun comunicado, o Goberno galego anuncia que o vindeiro luns o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará a resolución para a prohibición desta práctica deportiva, que se manterán ata que se determinen as causas da contaminación e a afectación á fauna.

Segundo explica o Goberno galego, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural ten constancia desde o 7 de setembro a presenza de exemplares mortos de gaivota patiamarilla no encoro.

Así, Medio Ambiente indica que, segundo as primeiras observacións e episodios similares, a variabilidade da dieta desta especie e as condicións meteorolóxicas desta época do ano "suxiren unha posible intoxiación".

Mentres, mantén inspeccións na contorna para facer un seguimento do incidiente. Axentes ambientais recolleron animais vivos que foron trasladados ao centro de recuperación de fauna silvestre de Oleiros (A Coruña), onde evolucionan favorablemente.

Aves mortas no encoro de Vilagudín, Ordes (A Coruña). ECOLOXISTAS EN ACCIÓN
Aves mortas no encoro de Vilagudín, Ordes (A Coruña). ECOLOXISTAS EN ACCIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta