Alertan do incremento da caza en lugares ilegais á beira de sendas ciclistas

Este xoves apareceu o cadáver dun coello ao carón de varios cartuchos nunha ruta de Arteixo. As sancións poderían chegar aos 6.000€.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

As asociacións animalistas Libera! e Familias polo Respecto Animal (FARE) alertaron este domingo sobre o aumento de cartuchos disparados e cadáveres de animais aparecidos en sendas ciclistas de Galicia.

Ambos os colectivos afirmaron que estas aparicións son "cada vez máis habituais en espazos de tránsito cotián". En especial, nun comunicado recollen as denuncias de varias familias pola situación na ruta BTT de Arteixo , na que este xoves apareceu o cadáver dun coello tiroteado.

A este respecto, os animalistas lembran que deixar cartuchería ou partes de munición na natureza supón unha infracción de carácter leve, sancionable con ata 600 euros. Doutra banda, disparar sen respectar as zonas de seguridade pode levar multas de ata 6.000 euros. A maiores, podería inhabilitarse ao responsable para obter unha licenza de caza durante un período de cinco anos.

Os activistas reclaman man dura contra os "continuados incumprimentos legais", para evitar incidentes como o dun cazador que tivo que ser evacuado en helicóptero en Montederramo polo presunto disparo rebotado dun compañeiro. Outro cazador foi interpelado hai meses por disparar a un xabaril entre vivendas no municipio ourensán de Arnoia.

"EMERXENCIA CINEXÉTICA TEMPORAL"

Tanto FARE como Libera! tamén criticaron a "emerxencia cinexética temporal" auspiciada pola Xunta de Galicia, que permite batidas todos os días da semana contra jabalíes "sen que existan nin máis medios técnicos nin máis medios humanos para controlar estas convocatorias".

Tal e como lamentan as asociacións, a lei galega de Caza de "adoece de importantes carencias". Entre elas, enumeran que "non existe un regulamento adaptado á mesma", o que "deixa no aire actuacións como unha proba de alcoholemia e drogas"; non determina plans de vixilancia anuais nin detalla como se deben sinalizar as cazarías.

Cazador. EUROPA PRESS
Cazador. EUROPA PRESS | Fonte: FEDERACIÓN CAZA C-LM - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta