Hostaleiros sobre o novo plan de hostalaría subscrito coa Xunta: "Imos depender de nós mesmos"

O protocolo do lecer nocturno será similar, con incidencia en aspectos como a ventilación.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 13/09/2021 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e representantes das catro asociacións provinciais de hostalaría, agrupadas na Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia, xunto ao Clúster de Turismo, subscribiron o acordo sobre o novo plan de hostalaría segura, que entrará en vigor este mércores.

"Imos depender de nós mesmos", sinalou, en alusión ao sector, e tras a firma do documento --resultado das negociacións entre administración autonómica e hostaleiros--, o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia e da asociación provincial de Lugo, Cheché Real.

"Dependerá das barreiras de protección que poñamos", insistiu sobre un novo modelo que, en lugar da incidencia do Covid en cada concello, terá en conta os requisitos que cumpra o hostaleiro. Así, as barras abrirán o día 15 nos que cumpran un maior número de medidas, entre as que se atopan facer probas periódicas ao seu persoal.

O acordo establece, segundo lembrou o conselleiro de Sanidade, dous niveis, un deles con maiores esixencias, de face a ofrecer "unha maior garantía aos usuarios", apuntou Comesaña.

AXUDAS

Pola súa banda, o vicepresidente primeiro da Xunta asegurou que nestes días convocarán axudas por importe de seis millóns para axudar a implementar novas medidas ao sector. Por parte deste, Cheché Real afirmou que o obxectivo é lograr alcanzar o "100% das capacidades".

Nunha intervención na que volveu a defender o uso do certificado Covid, fronte ao posicionamento doutros hostaleiros que o recorreron, considerou que a "situación está ben", en referencia aos casos de Covid, pero remarcou en que hai que traballar co obxectivo "de que mellore a situación sanitaria".

Na mesma liña, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, coincidiu en que o acordo busca "preservar a seguridade dos clientes" e engadiu que seguirán traballando apra conseguir "o 100% de aforamentos de forma segura". "O sector non é o problema, senón parte da solución", apostilou.

Varias persoas na terraza dun restaurante o día en que o TSXG declara nula a petición de certificado Covid para entrar en hostalaría. César Arxina - Europa Press
Varias persoas na terraza dun restaurante o día en que o TSXG declara nula a petición de certificado Covid para entrar en hostalaría. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

LECER NOCTURNO

Por outra banda, preguntado sobre o protocolo para o lecer nocturno, o conselleiro de Sanidade asegurou que se conta xa cun borrador, que mandarán ao sector "estes días". Do mesmo, explicou que será similar ao da hostalaría, incidindo "moito na ventilación". "A filosofía será parecida", expuxo.

Respecto desta cuestión, Cheché Real manifestou que o lecer nocturno "o que máis necesita son horarios". "Hai que tratar de estendelos o máximo posible", dixo dentro das circunstancias que permita o contexto sanitario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta