As obras para reducir os riscos por inundación en Padrón licitaranse a mediados de 2022 e rematarán en 2023

revese a mellora de espazos fluviais e a drenaxe do río Sar no cruzamento coa estrada AC-301, cunha actuación na ponte sobre a vía; á vez que se actuará no espazo fluvial e a drenaxe en Avelenda, en Iria Flaia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, selou este martes co alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, o convenio para investir tres millóns de euros na redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar.

A previsión é licitar as obras a mediados de 2022 e que rematen a finais de 2023, no marco do convenio de fondos europeos Feder cos que se financia a actuación.

Así, prevese a mellora de espazos fluviais e a drenaxe do río Sar no cruzamento coa estrada AC-301, cunha actuación na ponte sobre a vía; á vez que se actuará no espazo fluvial e a drenaxe en Avelenda, en Iria Flavia.

Paralelamente, protexerase a marxe dereita do río Ulla, entre a desembocadura da canle de derivación do río Sar e a ponte da estrada N-550.

A Xunta asume a redacción dos proxectos, a licitación e a execución de obras, mentres o Concello de Padrón porá a disposición os terreos e recibirá as obras para o seu mantemento.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, firma co alcalde de Padrón (A Coruña), Antonio Fernández Angueira, o convenio para investir tres millóns de euros na redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar. XUNTA
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, firma co alcalde de Padrón (A Coruña), Antonio Fernández Angueira, o convenio para investir tres millóns de euros na redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta