Tres anos de prisión por transportar máis de 50 gramos de cocaína en Verín

Segundo recolle o escrito de acusación a mercadoría estaba destinada ao abastecemento de terceiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

O acusado dun delito contra a saúde pública por transportar algo máis de 50 gramos de cocaína en Verín aceptou unha pena de tres anos de prisión, durante o xuízo celebrado este miércoes O Ministerio Público solicitaba 4 anos de prisión, a inhabilitación para o dereito ao sufraxio pasivo durante o tempo da condena e unha multa de 40.000 euros.

Durante a celebración do xuízo a pena inicial rebaixouse fnalmente a tres anos de prisión e a multa a 3.000 euros, que o acusado aceptou. Os feitos remóntanse a xuño do ano pasado cando o procesado, acompañado da súa parella sentimental, conducía un vehículo que foi dado o alto nun control da Garda Civil no Concello de Verín.

Os axentes acharon no interior dun bolso de man, na guantera, sustancias estupefacientes. En concreto, segundo recolle o escrito fiscal, 50.95 gramos de cocaína cunha pureza do 42.38%, unhas cifras que "alcanzarían no mercado ilícito un valor de 35.494 euros", segundo a estimación inicial.

Segundo recolle o escrito de acusación a mercadoría estaba destinada ao abastecemento de terceiros. Con todo, no xuízo o Ministerio Fiscal rectificou o valor das sustancias expondo que en realidade é de 2.898 euros, polo que se reduciu a pena de prisión a tres anos e a multa a 3.000 euros. O xuízo quedou visto para sentenza.

O acusado senta no banco
O acusado senta no banco | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta