Rueda integrará no seu equipo a Luís López como secretario xeral do PP de Pontevedra

Delegado da Xunta en Pontevedra desde febreiro, e alcalde de Rodeiro entre 2011 e 2021.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/09/2021 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O candidato á presidencia do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, incluirá na súa executiva a Luís López Diéguez, delegado da Xunta en Pontevedra, como secretario xeral do partido na provincia en substitución de José Manuel Coures Tourís.

Nun comunicado remitido aos medios, Rueda destacou que Luís López é unha persoa nova, con ampla experiencia na xestión municipal, xa que foi alcalde de Rodeiro entre os anos 2011 e 2021, e tamén con gran coñecemento de toda a provincia.

Este nomeamento, que se fará efectivo unha vez celebrado o congreso provincial deste sábado, responde á renovación que Rueda anunciou para a executiva do partido provincial. "É o momento de dar paso a unha nova xeración de políticos que teñen demostrado contar co respaldo maioritario dos seus veciños, pero que aínda non asumiron responsabilidades de primeiro nivel no partido", defende.

Luís López naceu en Rodeiro (Pontevedra) en 1978. Licenciado en Dereito pola USC foi alcalde deste municipio pontevedrés entre 2011 e febreiro de 2021, momento no que tomou posesión como delegado da Xunta na provincia de Pontevedra. Entre 2019 e 2021 foi, tamén, deputado provincial na Deputación de Pontevedra.

Arquivo - Luís López Diéguez, delegado da Xunta en Pontevedra, sera o secretario xeral do PP de Pontevedra na executiva de Alfoso Rueda. VICTOR CAMESELLE - Arquivo
Arquivo - Luís López Diéguez, delegado da Xunta en Pontevedra, sera o secretario xeral do PP de Pontevedra na executiva de Alfoso Rueda. VICTOR CAMESELLE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta