Acordo entre Endesa e Abanca para a subministración de enerxía eólica de orixe galega a 10 anos

O contrato foi subscrito na sede de Abanca na Coruña polo conselleiro delegado Francisco Botas e o director xeral de comercialización de Endesa, Javier Uriarte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2021 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Abanca e Endesa subscribiron un acordo de colaboración en enerxía renovable para cubrir con enerxía de orixe galega o 70% da demanda de electricidade da entidade financeira do próximos dez anos.

O contrato, segundo informan ambas as compañías, garante a Abanca a subministración de enerxía renovable "en condicións de estabilidade de prezos" e suporá a construción en Galicia dun novo parque eólico de Endesa.

O contrato foi subscrito na sede de Abanca na Coruña polo conselleiro delegado Francisco Botas e o director xeral de comercialización de Endesa, Javier Uriarte.

"Este acordo permítenos promover a sustentabilidade no noso funcionamento como organización garantindo a orixe local e renovable da enerxía que consumimos. Ademais, supón a posibilidade de desenvolver en Galicia novos proxectos nun sector altamente tecnolóxico e estratéxico", valora o conselleiro delegado de Abanca.

Co convenio, as dúas compañías reivindican a súa aposta pola sustentabilidade e por Galicia, unha comunidade á que Endesa estivo ligada historicamente e na que "hoxe" quere "estar máis presente que nunca".

Cos contratos de compravenda de enerxía a longo prazo,"grandes consumidores poden beneficiarse dunhas condicións estables de subministración durante longos períodos dando certidumbre á xestión das súas necesidades enerxéticas, á vez que apostan polas enerxías renovables libres de emisións", sinala o director xeral de comercialización de Endesa.

O acordo entra en vigor o 1 de xaneiro de 2022 e ten unha vixencia de dez anos. Durante ese período, Endesa fornecerá a Abanca enerxía de orixe eólica para cubrir o 70% da demanda de electricidade das súas oficinas e sedes de España e Portugal.

PRIMEIRO, DESDE LUGO

A enerxía fornecida procederá "integramente" de parques eólicos situados en Galicia ao longo da duración do acordo. Inicialmente, terá a súa orixe en instalacións de Endesa xa existentes neste momento na provincia de Lugo.

A partir de xaneiro de 2023, a enerxía será xerada por novas instalacións renovables de Endesa en Galicia que están en proceso de tramitación.

Firma dun convenio entre Endesa e Abanca. ENDESA/ABANCA / Europa Press
Firma dun convenio entre Endesa e Abanca. ENDESA/ABANCA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

eles aforran na factura eléctrica e o resto seguiremos pagando os seus dividendos !