Marea Atlántica denuncia un incremento de contratos sen concurso público por parte do goberno local

Afirma que "entre abril e xuño se asinaron 640 contratos deste tipo, sen concurso público, por un importe total de 1,78 millóns".

Por E.P. | A Coruña | 20/09/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica denunciou un incremento dos contratos menores por parte do goberno local. Nun comunicado, afirma que "entre abril e xuño, se asinaron 640 contratos deste tipo, sen concurso público, por un importe total de 1,78 millóns".

Diñeiro
Diñeiro | Fonte: Europa Press.

"Isto é un incremento do 168% en tan só tres meses", afirma, remitíndose a "datos oficiais" do Concello. "Cifras esaxeradas para un mecanismo de contratacón opaco que a Unión Europea recomenda reducir", explica o viceportavoz da formación, Iago Martínez.

"A este ritmo, o goberno municipal baterá a marca histórica de fondos para contratos a dedo en María Pita", argumenta a Marea Atlántica.

Ademais, engade que o ano pasado foron "máis de 2.700 contratos deste tipo e 10,4 millóns, un 69,5% máis que no anterior". Tamén reclama por parte do goberno local un informe de transparencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta