Un rumor feito realidade

As declaracións do secretario de Organización do PSOE, José Blanco, quen hoxe se manifestou a favor de limitar a participación dos emigrantes tan só ás eleccións xerais (e non as autonómicas ou locais) e outorgarlles unha circunscrición propia, non van caer en saco roto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/04/2007 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

Jorquera asegurou hoxe que o Bloque comulga con todo o dito polo número dous do PSOE e amosouse disposto a iniciar conversas para reformar o sistema electoral na emigración e concretar as súas propostas.

Deputados e concelleiros de PP, PSOE e BNG e, mesmo conselleiros, teñen manifestado en privado a necesidade de regular o proceso electoral da emigración, sen desbotar, a creación de circunscripcións propias alén de Galicia, nin a prohibición de votar en comicios locais.

De feito, as reflexións feitas hoxe por Blanco están avaladas por un informe que está en mans do goberno de Zapatero e que postula, esencialmente, o manifestado por él hoxe: prohibición do voto emigrante en autonómicas e locais e creación de circunsripcións na emigración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

15 Xosé Castro

Anxo, meu, non te alporices que vas enfermar. Xa me dixo o Moinante que eras un bo rapaz, e o mesmo Alberte fala marabillas de ti... Claro que Xose A. Pena di que es un falso, e que non se pode confiar en ti, pero eu non lle fago caso. Polo tanto, non te enfades comigo, paspallás...

14 anxo

castro, castriño, durmo cando teño sono e ¿que coño me importa a min nin quintana nin o que diga? ¿ou ti solo falas según os criterios dos demais e pensas que tosos debemos facer o mesmo? e por outra parte para min quintana non e un exemplo de nada. Ti fai o que queiras, si tes gana durme, a min non me importa tampouco o que fagas ti

13 Xosé Castro

Anxo, anxiño, pero si tamén o Qintana está de acordo con Pepiño...

Anda, vai durmir!

12 dacordeitor

Por fin un politico se atreve a dicir o mesmo que se fala na rúa, xa era hora.
Pero estes temas ou se fan por consenso ou moito me temo en que pasaran os anos e seguiremos igual

11 anxo

Non o entendo, cando isto era a pura miseria unhos señores oprimidos pola pobreza vense obligados a sair do seu pais, chegan a outro cas mans vacías e moitos de eles, a forza de traballo e inxenio, chegan a ser xente de relevancia neses paises
Pero iso non e todo, a miseria dos que quedamos aiqui foi amortiguada por esos emigrantes que nunca deixaron de axudarnos perante moitos anos.
Resulta que agora, unha pandilla de desmemoriados e desilustrados pretende deixar a o marxe a ese grupo de xente. !!! O que e a vida !!!, mira que e importante lembrar, ser agradecido e ter certa nobleza.
O problema non e o voto do emigrante, o problema e o sistema de voto do emigrante que se manipula con moita facilidade e mentras eu teño que votar co meu carnét de identidade nos dentes, a eles aplícaselle un sistema facilmente manipulable.
Por certo, non fun emigrante, non son emigrante e son dos poucos que non coñezo emigrantes na miña familia, pero teño memoria e son agradecido e só lles pido a esa xente que as cousas que dicides non as teñan en conta porque non son o reflexo de naide autorizado e ó Pepiño Blanco xa se sabe..., a ver si descansa un pouco que vai de listo e non para de metela pata.