Un rumor feito realidade

As declaracións do secretario de Organización do PSOE, José Blanco, quen hoxe se manifestou a favor de limitar a participación dos emigrantes tan só ás eleccións xerais (e non as autonómicas ou locais) e outorgarlles unha circunscrición propia, non van caer en saco roto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/04/2007 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

Jorquera asegurou hoxe que o Bloque comulga con todo o dito polo número dous do PSOE e amosouse disposto a iniciar conversas para reformar o sistema electoral na emigración e concretar as súas propostas.

Deputados e concelleiros de PP, PSOE e BNG e, mesmo conselleiros, teñen manifestado en privado a necesidade de regular o proceso electoral da emigración, sen desbotar, a creación de circunscripcións propias alén de Galicia, nin a prohibición de votar en comicios locais.

De feito, as reflexións feitas hoxe por Blanco están avaladas por un informe que está en mans do goberno de Zapatero e que postula, esencialmente, o manifestado por él hoxe: prohibición do voto emigrante en autonómicas e locais e creación de circunsripcións na emigración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

5 Xosé manuel

A participación das Caixas Galegas, da man dunha constructora madrileña, na concesión e renovación da "navallada" das autopistas en Galicia, e Obra social?. Por qué peaxes na sombra?. A quén lle mandamos os recibos das autipistas Coruña-Stgo? A Cuiña?. Por qué Touriño fala de supesión de peaxe cando a sua proposta e garantir o negocio da cocnesionaria con peaxe na sombra?.

Rematado o negocio e vendidas as participacións das caixas "galegas", comeza a batalla do Ave con novas concesións a vista e oportunidades de volver a sablear os galegos?.

Estamos en mans de catro empresas?

Por qué Touriño non ten collóns de rescatar a concesión pactando co estado e posible e legal-, E o alcalde de Pontevedra sí os ten para mandar a ENCE fora da ría? (Outro ex negocio da Caixa galega).

4 galego do común

Touriño seguramente pensa o mesmo que José Blanco. Máis claro, non vai dicir a 30 días das eleccións municipais que os emigrantes non poden votar nas municipais.
O voto emigrante ten pouca discusión nunhas municipais, como vai votar quen non paga impostos nen está censado nun concello? que dereitos dá para o voto que o teu avó ou bisavó nacese nun determinado concello?, ademáis que cada un ten 4 avós e 8 bisavós. Se teu avó é da Gudiña e túa avoa de Val do dubra casaron e marcharon a Bos Aires no 1954, ¿por que os seus 16 netos teñen dereito a votar neses concellos?, ¿en que concello votarían?.
É tan absurda a lei de voto emigrante que se contradí a ela mesma. CERA: residente ausente quen nunca residiu moitas veces no concello onde vota.
E logo se emigras a Ponferrada e voltas ó teu concello lugués tódalas fin de semana non podes votar nel, pois estás censado para matricular ós fillos na gardería municipal en ponferrada. Xa non eres un residente ausente.

Por non falar de que non hai ningunha garantía de que o voto sexa emitido pola persoa que vota. Pois eu podo pedir información ó consulado para toda a miña familia en Bos Aires que pasa de votar, e votar eu mesmo por eles con só ter unha fotocopia dos seus DNI.

E o choio maior de todos, se escribo no voto do meu avó que morreu fai dous anos e vota coma faran moitos mortos este 27 de Maio que isto é un cachondeo o meu voto será nulo, máis non anulará por grave defecto no censo toda a votación. Cousa que non sucedería se faltase un voto nun colexio electoral por exemplo o que implicaría actas por parte dos interventores e a anulación do voto en todo o colexio.

En fin, nas municipais que voten os censados coma en todos os paises serios, e nas xerais que voten todos os que teñen a nacionalidade, máis en urna , con mesas, presidente , vocais e interventores.
Se a lei non di isto é porque así interesaba ós que fixeron a lei. E as leis están feitas para adaptalas ás nosas necesidades, cambiemos a lei pois, pois non é xusta nen democrática.

3 felucho

Sr blanco no se preocupe los emigrantes como yo y muchos mas que nos juntamos en el Centro Gallego no pensamos votar ni en esas ni en ninguna mas Nos cansaron todas las Mentiras de Uds de venir subir a un palco y gritar uds tienen los mismos derechos que los gallegos de Galicia esto se lo escuche a
Fraga, A Touriño y A ANxo quintana no nos mientan mas
hasta nunca no nos jodan mas y nosotros no votamos mas

2 montoya

ale, sáltemonos todos a la vez la ley!

1 Circio

É unha boa idea. Lévese adiante xa.