O Goberno central propón estender os ERTE ata o 31 de xaneiro

O Executivo vincula as exencións a accións formativas dos traballadores afectados.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 21/09/2021 | Actualizada ás 21:01

Comparte esta noticia

O Goberno central propuxo este martes aos axentes sociais estender os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) ata o 31 de xaneiro e vinculou as exencións a accións formativas dos traballadores afectados, segundo informou a UGT tras o encontro.

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz | Fonte: MINISTERIO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL.

As accións formativas terán que desenvolverse entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de xuño de 2022, segundo a proposta presentada polo Executivo e que "xerou dúbidas sobre a súa aplicación, execución e financiamento", segundo UGT.

O sindicato tamén manifestou a "confusión" que xera outro dos puntos introducidos polo Goberno nesta reunión, e é que a prórroga dos ERTE non se producirá de maneira inmediata, senón que as empresas deberán solicitala antes do 10 de outubro, incluída a solicitude de prestación por desemprego aos traballadores.

Pasado ese prazo, a Administración terá dez días para resolver a solicitude e en caso de non resolución entenderase desestimada.

"Este punto, o do silencio negativo, xerou moita polémica e xera confusión coa prórroga automática que deberá producirse no momento da solicitude", expresou o sindicato.

A proposta do Goberno tamén unifica as exoneración e mantén o 100% para os ERTE de impedimento, do 50% para empresas de menos de 50 traballadores en ERTE de limitación e 40% as empresas maiores.

Do mesmo xeito, prorróganse todas a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) do Real Decreto anterior e as situacións de fixos descontinuos.

UGT volveu a insistir nesta reunión na necesidade de actualizar o contador a cero das prestacións por desemprego para os traballadores afectados.

As negociacións renovaranse o vindeiro xoves. Ademais, o sindicato presentou ao Goberno a necesidade de regular a situación dos damnificados pola erupción do volcán na Palma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta