O Sergas realizará probas a unhas 400 persoas por un gromo escolar con 23 positivos en menores no Barco

Na actualidade hai 42 positivos por Covid-19 no concello.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 24/09/2021 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realizará probas a unhas 400 persoas en relación a un gromo escolar no concello do Barco, tras detectarse 23 positivos por Covid-19 en menores de 15 anos nesta localidade.

Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus na Coruña
Dispositivo de cribado masivo para detectar casos asintomáticos de coronavirus na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Así o informaron este venres fontes da área sanitaria de Ourense, que detallaron que na actualidade hai 42 positivos por Covid-19 no municipio do Barco de Valdeorras, dos cales 23 corresponden a menores de 15 anos.

No caso concreto do gromo escolar que afecta ao CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, as mesmas fontes sanitarias puntualizaron que se procedeu a realizar "un cribado de todo o colexio, alumnos e traballadores", que están a ser citados no Covid Auto do Hospital público de Valdeorras, así como aos convivientes de todos os casos postivos.

Respecto diso, as mesmas fontes sanitarias estiman, nunha primeira avaliación, que se realizarán probas para detectar posibles casos de Covid-19 a unhas 400 persoas.

Este xoves o xerente da área sanitaria ourensá, Félix Rubial, explicou que este gromo, que levou a pechar tres aulas, orixinouse no transporte escolar e "está a afectar a un colectivo de nenos, fundamentalmente menores de 15 anos".

Precisamente, o comité clínico que asesora á Xunta na pandemia vinculou cos gromos educativos a decisión de situar en nivel medio de restricións tanto o concello ourensán do Barco como o lucense de Foz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta