O PPdeG levará iniciativas a todos os concellos contra a suba do prezo da luz e o peche de sucursais bancarias no rural

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/09/2021 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O PPdeG iniciará nas próximas semanas unha ofensiva política, tanto no Parlamento galego como nos plenos das corporacións locais, a través de iniciativas que buscarán que o Goberno central adopte medidas contra da suba da factura da luz e o peche de servizos bancarios no rural.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, no Parlamento
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, no Parlamento | Fonte: PPdeG.

Así o anunciou este venres o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, quen aseverou que a vida cotiá se encareceu "dramaticamente" --co aumento do custo da luz, os combustibles, a cesta da compra e os impostos, segundo mencionou-- desde que Pedro Sánchez chegou á Moncloa hai tres anos.

Neste sentido, e fronte a ese "mantra" do Executivo central de "non deixar a ninguén atrás", anunciou unha serie de mocións para reclamar medidas "urxentes" que consigan reducir o prezo da factura.

"O alto prezo eléctrico está provocado por unha desastrosa política enerxética do Goberno de España que levamos dous anos denunciando e que é tan só a punta do iceberg", denunciou.

Por outra banda, Tellado avanzou máis iniciativas tanto no Parlamento como nos concellos galegos para solicitar ao Goberno de España unha "normativa estatal que garanta servizos bancarios" nos concellos máis pequenos.

Esta petición, lembrou, vai na liña do que lle expuxo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, na súa reunión da semana pasada.

Con todo, Tellado asegurou que é un problema que afecta a "toda España" e "en menor medida aos concellos galegos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta