Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/09/2021 | Actualizada ás 12:33
O acusado de agredir sexualmente a unha menor que no momento dos feitos tiña 15 anos declarouse inocente e alegou que as relacións foron consentidas durante o xuízo que se celebrou este luns na Audiencia Provincial da Coruña.
Segundo recolle o Ministerio Fiscal no seu escrito, o home "coñecía certos sitios frecuentados" pola vítima. Tras pedirlle que a acompañara a unha armazón de portais, o acusado forzouna " a manter relacións sexuais". Pouco despois, "forzouna a realizarlle unha felación". O procesado enfróntase a 30 anos de prisión por dous delitos de agresión sexual e un de coaccións.
Segundo explicou o procesado, el e a moza atopábanse con outras persoas nun parque. Entraron nun edificio e subiron a unha zona a "beber e fumar porros". Tras isto, segundo dixo, baixou coa menor a soas nun ascensor e "empezamos a learnos", declarou.
O home afirmou que pararon no cuarto piso e empezaron a "ter relacións consentidas". O escrito da Fiscalía recolle tamén que o acusado ameazou despois por Whatsapp á vítima. Na súa declaración, o inculpado alegou que enviou estas mensaxes porque a rapaza o ameazou con contar o sucedido á parella deste.
FORZADA
Pola súa banda, a vítima da agresión declarou que se afastou do parque para "acompañar a unha amiga ao baño". No camiño de volta, atopouse co home que a levou a un portal. "Forzoume a manter relacións aínda que eu negábame", sinalou.
A moza contou o sucedido a unha amiga, pero tardou en dicirllo á súa nai por "medo". Ao decatarse do pasado do acusado, a vítima dixo que temeu que este puidese "facer dano" á súa familia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.