Por Europa Press / Redacción | MADRID | 27/09/2021 | Actualizada ás 17:10
A maioría dos grupos da Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Congreso dos Deputados adiantaron o seu apoio a unha iniciativa presentada por Unidas Podemos para instar o Goberno a restaurar os servizos ferroviarios de Galicia previos á pandemia do coronavirus.
Deste xeito, a Comisión de Transportes da Cámara Baixa avalou o texto de Unidas Podemos no que se urxe ao Goberno a recuperar estes servizos "unha vez superadas as restricións á mobilidade derivadas da crise sanitaria".
Segundo expón o texto da iniciativa, e tal e como defendeu o deputado de Galicia En Común Antón Gómez-Reino, pídese que o Executivo garanta durante este proceso "as opcións de mobilidade da cidadanía" e que procure un "aproveitamento eficiente dos recursos".
En calquera caso, algúns grupos como Vox, PP, Ciudadanos ou Foro Asturias pediron que esta petición se estenda ao resto do territorio español e acusaron á formación de ser "pouco ambiciosa" na súa iniciativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.