Máis de 2.700 aspirantes participan no 2º exercicio para cubrir 342 prazas do corpo auxiliar C2 da Xunta

Os seus obxectos persoais deben ser os mínimos imprescindibles e non se poderá compartir material.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2021 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Un total de 2.764 aspirantes participaron este martes no segundo exercicio para cubrir 342 prazas do corpo auxiliar C2/grupo IV da Xunta de Galicia. A esta proba, que se realizou no recinto da Feira Internacional de Silleda, estaban convocadas 2.937 persoas, co que a porcentaxe de participación foi do 94%.

A pandemia do coronavirus e as restricións establecidas para controlar a súa evolución obrigou a articular un plan para regular este tipo de procesos, co fin de garantir a seguridade conxugada co respecto aos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Este protocolo establece que só se permitirá o acceso aos edificios aos aspirantes que realicen os exercicios e ao persoal implicado no desenvolvemento das probas, polo que os opositores deben acudir sós, salvo que precisen asistencia.

Deben presentarse á hora indicada na convocatoria, non con antelación; e gardar sempre a distancia de seguridade; será obrigatorio o uso de máscara durante todo o proceso e o emprego de xel hidroalcohólico para entrar nos pavillóns.

Os seus obxectos persoais deben ser os mínimos imprescindibles e non se poderá compartir material.

Oposicións ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) celebradas o 26 de setembro de 2021 no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra).. XUNTA
Oposicións ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) celebradas o 26 de setembro de 2021 no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra).. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta