O 'Proxecto Anllóns', impulsado pola Deputación da Coruña, xa ten consello directivo

Xosé Regueira asegurou que o proceso realizado pola Deputación da Coruña para chegar á colaboración entre concellos busca "pór en valor o gran potencial fluvial que temos tanto a nivel de turismo como de patrimonio natural e mesmo de carácter industrial".

Por E.P. | A CORUÑA | 30/09/2021 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, presidiu este mércores a reunión na que se constituíu formalmente o consello de dirección do 'Proxecto Anllóns'.

A reunión, que tivo lugar no Concello de Cabana de Bergantiños, tamén serviu para presentar a empresa que se ocupará de realizar a diagnose ambiental e unha proposta de actuacións turísticas sustentables para a contorna do río Anllóns.

Xosé Regueira asegurou que o proceso realizado pola Deputación da Coruña para chegar á colaboración entre concellos busca "pór en valor o gran potencial fluvial que temos tanto a nivel de turismo como de patrimonio natural e mesmo de carácter industrial".

O consello de dirección do 'Proxecto Anllóns' está conformado por dúas persoas representantes da Deputación e dúas de cada concello integrante da comunidade intermunicipal e estará presidido, durante o primeiro ano, por Cabana de Bergantiños por ser o concello de menor poboación, representado polo seu alcalde José Muíño.

Na reunión, tamén estiveron presentes os alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero; de Coristanco, Juan Carlos García Pouse; de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, e o tenente de alcalde da Laracha, José Ramón Martínez Barbeiro; así como persoal técnico de turismo dos concellos e da Deputación.

Constitución do consello de dirección do 'Proxecto Anllóns'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Constitución do consello de dirección do 'Proxecto Anllóns'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta