Piden 15 anos e nove meses de cárcere para un home por abusar sexualmente da filla da súa parella

Foi a nai da vítima quen denunciou os feitos en 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2021 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Fiscalía reclama 15 anos e nove meses de cárcere para un home acusado de abusar sexualmente en varias ocasións dunha menor, filla da que por aquel entón era a súa parella. A vista terá lugar o vindeiro martes na sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, onde se xulgarán uns feitos que tiveron lugar en 2016.

Nese momento, segundo figura no escrito de acusación do Ministerio Público, o acusado vivía coa súa parella e a filla desta en Vigo. Foi entón cando se iniciaron os abusos por parte do acusado, que continuaron cando a familia se mudou a Poio.

Alí, dous anos despois dos primeiros episodios, o procesado chegou a entrar de noite na habitación da menor para realizarlle tocamentos. Unha noite, segundo Fiscalía, aproveitouse do estado de embriaguez da moza para realizar os abusos.

A denuncia foi presentada en xaneiro de 2019 pola nai da vítima. Ese mesmo día, o home foi detido e posto a disposición xudicial, aínda que quedou en liberdade ao día seguinte.

Para Fiscalía, os feitos son merecedores dun total de 15 anos e nove meses de prisión, así como outros seis anos de liberdade vixiada. Ademais, tamén solicita que se impoñan unha prohibición a achegase á vítima de case 25 anos.

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta