A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle unha exposición sobre Xela Arias ata o 28 de novembro

A mostra en honra á protagonista do Día das Letras Galegas 2021 articula unha proposta que xoga coas imaxes e a poesía, idea do libro no que se inspira a exposición.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2021 | Actualizada ás 21:53

Comparte esta noticia

Poesía e fotografía dialogan nunha nova homenaxe en forma de exposición á escritora Xela Arias que poderá visitarse ata o próximo 28 de novembro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

A inauguración da mostra, que recolle 21 poemas asociados a 21 fotografías en torno ao libro 'Tigres como cabalos', tivo lugar na tarde deste luns.

A mostra en honra á protagonista do Día das Letras Galegas 2021 articula unha proposta que xoga coas imaxes e a poesía, idea do libro no que se inspira a exposición.

Sete mulleres das letras galegas --Tamara Andrés, Alba Cid, Lorena Conde, Lara Dopazo, Miriam Ferradáns, Olga Novo e Antía Otero-- achegan os seus textos apoiadas nas imaxes dos artistas Eva Díez e Fran Hermello.

A exposición pode visitarse desde este luns ata o próximo 28 de novembro na sala Rosalía de Castro da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

Xela Arias nunha fotografía de Xulio Gil
Xela Arias nunha fotografía de Xulio Gil | Fonte: Real Academia Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta