Valdeorras presente en Sevilla, punto de partida dunha 'minixira promocional'

Tras o seu desembarco na capital andaluza, os viños desta Denominación de Orixe divulgaranse en Marbella, Madrid, Barcelona e Bilbao.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 07/10/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O 'Salón Vividinos de Sevilla', que se celebrou este pasado martes 5 de outubro, representa o primeiro punto dunha serie de accións divulgativas dos viños de Valdeorras que se desenvolverá ao longo dos meses de outubro e novembro.

O Presidente da D.O. Valdeorras no acto de Sevilla. Foto: Prensa CRDO
O Presidente da D.O. Valdeorras no acto de Sevilla. Foto: Prensa CRDO

Tras esta primeira parada expositiva, na que os asistentes degustaron diferentes referencias da comarca, o Salón Vidivinos trasládase a Marbella o vindeiro xoves, 7 de outubro.

Posteriormente, entre o 18 e o 21 deste mesmo mes, celébrase en Madrid o 'XXXIV Salón Gourmets', no que tamén terán presenza os viños da comarca. Xunto a isto, os viños amparados baixo o selo do Consello Regulador viaxarán ata Barcelona, o 15 de novembro, no marco da 'Experiencia Verema' e a Bilbao, o 22 de novembro, baixo o mesmo paraugas da 'Experiencia Verema'.

Para o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, “recuperar a normalidade en canto a accións de promoción dos nosos viños é agora a prioridade para nós. Pouco a pouco, imos volvendo a feiras e actos sectoriais e agardamos que con estas iniciativas contribuamos a optimizar o grado de coñecemento dos nosos viños entre diferentes públicos, profesional e xeralista”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta