O Goberno fixa para o próximo ano a conclusión da glorieta de Guísamo, en Bergondo

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/10/2021 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A glorieta de Guísamo, na Nacional VI, ao seu paso polo concello de Bergondo (A Coruña), estará executada o próximo ano, segundo ratificou o delegado do Goberno, José Miñones, na súa visita a este ayuntamietno.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto á alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, nunha visita ao concello
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto á alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, nunha visita ao concello | Fonte: Delegación do Goberno.

Miñones trasladou á alcaldesa, Alejandra Pérez, que o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para o próximo ano inclúe a execución deste proxecto, unha demanda dos veciños para mellorar a seguridade viaria dado o elevado número de coches na zona.

Esta obra está a preparar a súa licitación cun orzamento de 1,5 millóns de euros en conxunto. O proxecto consiste na remodelación da intersección actualmente existente no punto quilométrico 580 da estrada Nacional VI coa AC-164, transformándoa nunha glorieta dotada de vías de servizo laterais que permitan o acceso ás propiedades próximas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta