Un acusado de abusar sexualmente dunha menor acepta unha pena dun ano de prisión

Os feitos ocorreron durante o ano 2014.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/10/2021 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Un acusado de abuso sexual aceptou unha pena dun ano de prisión, tras o acordo de conformidade entre as partes no xuízo que se celebrou este xoves na Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo recolle o escrito da Fiscalía, os feitos ocorreron durante o ano 2014, cando o home, que estaba no seu domicilio coa vítima, menor de idade naquel momento, "introduciu a súa man entre as súas roupas con intención libidinosa".

A nai da menor presentou unha denuncia por este feitos cinco anos despois, en xaneiro de 2019. O home enfrontábase a unha pena de tres anos e medio de prisión, que finalmente se reduciu a un.

O procesado non poderá comunicarse nin achegarse a 200 metros da vítima durante dous anos e, ademais, deberá indemnizar á moza cunha cantidade de 12.000 euros.

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta