O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra dará un "salto adiante" cunha fase centrada na parte normativa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra aprobará na Xunta de Goberno deste venres, 15 de outubro, varios asuntos relacionados co Plan Revitaliza que suporán un "salto adiante" para este modelo de xestión de residuos baseado na compostaxe de biorresiduos.

Segundo adiantou este xoves en rolda de prensa o vicepresidente da Deputación pontevedresa, César Mosquera, "esta nova fase claramente diferenciada" centrarase na parte normativa do Plan Revitaliza, para acelerar o tratamento da fracción orgánica nos concellos da provincia.

A administración provincial sacará as bases dunha liña de axudas para subvencionar as novas ordenanzas municipais sobre residuos, co seu respectivo réxime sancionador, xa que "tal e como están agora é francamente disfuncional" a implementación do novo sistema de compostaxe.

A maioría das ordenanzas dos concellos da provincia foron aprobadas a principios da década dos 90 e, segundo Mosquera, establecen "serias dificultades" para conseguir os obxectivos que se marca en Plan Revitaliza.

A Deputación de Pontevedra disporá axudas para elaborar estas ordenanzas que van desde os 6.000 euros para os concellos con menos poboación e ata os 22.500 euros para aqueles de ata 50.000 habitantes.

Ademais, a Xunta de Goberno Provincial adxudicará á empresa 3SM Sistemas Ambientais o seguimento e repartición dos composteros individuais coa intención de que este proceso sexa "máis áxil" despois da "freada" que sufriu con motivo da pandemia.

Contenedores con Uranio
Contenedores con Uranio | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta