Pontón: "Feijóo é o último mohicano do neoliberalismo de Trump"

Di que as contas do 2020 son "propaganda".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/10/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "propaganda" as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre os orzamentos para 2022 --que definiu como os "máis altos da historia"-- e puxo en cuestión a rebaixa do IRPF anunciada.

"Vemos uns orzamentos case conxelados este ano", expuxo, aos xornalistas, Pontón, para quen sen a devolución do IVE serían "menores". No seu montante global, cualificounos, ademais, de "insuficientes para enfrontar as necesidades que ten a sociedade galega", dixo en referencia á pandemia, a crise demográfica e industrial e "o reto de fortalecer servizos públicos".

"O señor Feijóo é o ultimo mohicano do neoliberamismo de Trump", aseverou tamén a dirixente nacionalista, quen o definiu, ademais, como un "kamikaze que conduce en dirección contraria". Así, incidiu en que, "cando todo o mundo di que os que máis teñen, teñen que pagar máis", o presidente da Xunta "achega agasallos fiscais para quen teñen máis recursos".

Por outra banda, do anuncio da baixada do IRPF aseverou que "a gran rebaixa fiscal de Feijóo supón a cada galego ao mes catro euros máis no seu peto". "De que nos vale se nos recorta en sanidade, educación, atención a persoas maiores ou recursos para manter en pé os servizos públicos".

"Seguro que os galegos prefiren catro euros menos no seu peto e ter garantidos servizos públicos fortes", apostilou Pontón, quen, fronte a unha política fiscal "regresiva", defendeu outra "redistributiva".

Por outra banda, asegurou que se o presidente da Xunta quere axudar aos galegos para abaratar a factura da luz "ten que defender medidas como ter unha tarifa electrica máis barata en Galicia e deixar de abrazar ao lobby eléctrico", manifestou ao demandar que se esixa a empresas que explotan recursos galegos que tributen nesta autonomía.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha reunión co comité de empresa de Alu Ibérica. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha reunión co comité de empresa de Alu Ibérica. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

Ya quisiera Núñez Feijóo parecerse a Donald Trump, que dejó la presidencia con unos niveles de desempleo que en Galicia no podemos ni soñar.