A Xunta deixa practicamente intactos os orzamentos de sanidade a pesar das listas de espera

Os presupostos para 2022 quedan en apenas 1'6 millóns que 2021 se se teñen en conta os fondos extraordinarios. É o cuarto departamento que menos medra malia as denuncias de usuarios e sindicatos contra a "saturación" da Atención Primaria e as listas de espera.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade, cun incremento do 6,2%, é o cuarto departamento autonómico que menos crece nos orzamentos de 2022, despois de Facenda e Administración Pública (+2,1%), Infraestruturas e Mobilidade (+3,8%) e Mar (+3,5%). O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, entregou no Parlamento e presentado máis en detalle ante os medios de comunicación unhas contas que ascenden a 11.627 millóns de euros o ano que vén. A cifra é un 6,9% superior á do orzamento actual, unha vez descontados 685 millóns extraordinarios procedentes dos fondos para facer fronte á pandemia da covid.

Deste xeito, se a Xunta presentou o ano pasado uns orzamentos que alcanzaban os 11.563 millóns de euros, neste momento fai a comparativa cunha contía de 10.878, restados os 685 extraordinarios. Na exposición ante os xornalistas, o conselleiro mostrou a distribución por consellerías, que reflicte incrementos do 23,4% no medio Ambiente Territorio e Vivenda, do 14,2% en Política Social e do 11,4% nos órganos superiores dependentes da Presidencia. Con todo, pouco despois a conselleira de Política Social cifrou no 3'67% o incremento da súa propia área.

Este último aumento, o relativo aos órganos de Presidencia, explicouno por crecementos nas partidas da Amtega (por dixitalización de servizos públicos, entre outros gastos) e en Emigración. Con 4.588,7 millóns de euros, a Consellería de Sanidade queda en practicamente a mesma cifra que no orzamento de 2021, cando contou con 4.587,1 millóns, se se teñen en conta os fondos covid. A alza é dun 6,2% unha vez restados eses recursos extraordinarios. Despois deste departamento sitúase Cultura, Educación e Universidade, cun repunte do 6,9%, que xa iguala ao do conxunto do orzamento.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (1d); o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda (2d), e o vicepresidente segundo, Francisco Conde (3d), durante o debate do Estado da Autonomía de Galicia.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo (1d); o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda (2d), e o vicepresidente segundo, Francisco Conde (3d), durante o debate do Estado da Autonomía de Galicia.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

A XUNTA PRESUME DE POLÍTICA SOCIAL

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou este mércores que os orzamentos do seu departamento para 2022 soben un 3,67 por cento con respecto ao presente exercicio, ata os 927 millóns de euros. En declaracións aos medios antes de reunirse con representantes EAPN-Galicia en Santiago de Compostela, a conselleira puxo en valor que estes fondos supoñen "o dobre" do que se destinaba a política social no ano 2009.

Na súa intervención, Fabiola García subliñou que este encontro ten como obxectivo "continuar loitando e combatendo a pobreza e a exclusión social de Galicia", un "compromiso e unha prioridade para o Goberno galego". Con todo, esta porcentaxe segue a estar entre os incrementos máis baixos nas consellerías galegas.

OUTROS DEPARTAMENTOS

Despois deste departamento sitúase Cultura, Educación e Universidade, cun repunte do 6,9%, que xa iguala ao do conxunto do orzamento. En termos absolutos, tras a partida destinada a sanidade sitúase precisamente a de cultura, educación e universidades, con 2.751,5 millóns.

O aumento máis elevado, o que experimenta Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, deixa a este departamento con 262,3 millóns de euros. Mentres, as contas de Política Social soben ata 928,2 millóns de euros, que son un 14,2% máis. Pola súa banda, os números de Emprego e Igualdade crecen un 10,5%, ata 428,5 millóns; os de Medio Rural un 8,6%, ata 622,2; as de Vicepresidencia 1ª un 7,7%, ata 402,5 millóns; e as de Vicepresidencia 2ª (Economía, Empresa e Innovación) un 7,6%, ata 380,2 millóns.

A Infraestruturas e Mobilidade correspóndenlle 465,7 millóns e co orzamento máis baixo queda a Consellería de Facenda, con 52,3 millóns.

DOTACIÓN PARA O COMERCIO

A Xunta orzou un total de 18,37 millóns de euros para realizar accións orientadas ao "impulso" do sector do comercio no seu proxecto de contas para o próximo ano 2022. A área medra así un 15% respecto dos orzamentos do presente ano 2021, o que o director xeral ha intepretado como unha mostra do "compromiso" do Goberno galego cun sector que aglutina 27.000 empresas, máis do 13% do total de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta