BNG e PSdeG esixen á Xunta que pare o "desmantelamento" do Hospital Comarcal de Valdeorras

Decenas de persoas concéntranse para reclamar unha sanidade pública digna.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 20/10/2021 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista de Galicia esixiron á Xunta que pare o "desmantelamento" do Hospital Comarcal de Valdeorras, onde este mércores se concentraron decenas de persoas para reclamar unha sanidade pública digna. Na protesta participaron o secretario xeral e portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a deputada do BNG María Albert.

Concentración ante o Hospital de Valdeorras
Concentración ante o Hospital de Valdeorras | Fonte: PSdeG.

En primeiro lugar, conforme sinalou o PSdeG, Caballero considerou que Feijóo "non pode seguir afogando" a sanidade pública. Así, denunciou a existencia de "listas de espera estruturais" en atención primaria e "máis tempo de espera para especialistas e quirófanos". Todo iso, mentres a Xunta "optou por pechar 600 camas de hospital no verán".

"A nosa sanidade pública necesita unha aposta decidida do Goberno galego", recalcou Gonzalo Caballero, que incidiu na saturación do persoal sanitario nun contexto no que non existen "suficientes profesionais" porque a precariedade laboral do Sergas "dificulta" a contratación.

A situación chega a un punto, sinalou, que "o colexio de médicos de Pontevedra chegou a presentar unha denuncia penal contra a Xunta polos problemas na atención aos pacientes", provocados por axendas de "máis de 50 ou 60 persoas" ao día por cada profesional sanitario.

No caso de Valedorras, puxo sobre a mesa a "especificidade xeográfica" desta comarca e denunciou a redución de servizos neste hospital. "A Xunta ten que mostrar compromiso co hospital do Barco", incidiu para soster que "non pode facer galegos de primeira e galegos de segunda".

O BNG PIDE RECUPERAR A ÁREA SANITARIA

Pola súa banda, tras a mobilización e conforme explicou o BNG, a deputada nacionalista María Albert denunciou a "deterioración da atención sanitaria" e o "desmantelamento de servizos sanitarios" que converte o hospital nun "centro de especialidades".

Fronte a iso, reclamou a recuperación da área Sanitaria de Valderroas e esixiu á Xunta que free os "continuos recortes na sanidade" deste hospital e a súa comarca.

Respecto diso, explicou que o BNG rexistrou unha batería de iniciativas co obxectivo de recuperar "persoal especialista e traumatoloxía e radioloxía".

Ademais, sinalou que a "carencia de ambulancias" obrigou aos usuarios a utilizar o seu propio coche para o desprazamento, entre O Barco e o Hospital de Ourense.

No Barco e a súa comarca, remarcou, "merecemos unha asistencia sanitaria de primeira, próxima e unha sanidade que atenda a unha poboación moi envellecida que vive a gran distancia de todas as cidades galegas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta