Ferida unha octoxenaria tras ser golpeada por un vehículo que ía marcha atrás en Ourense

Foi trasladada ao CHUO.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Unha muller de 81 anos de idade resultou ferida na mañá deste xoves ao ser golpeada por un vehículo que manobraba cara atrás na cidade de Ourense. Segundo informou a Policía Local de Ourense, este atropelo tivo lugar pasadas as 11,30 horas deste xoves á altura do número 4 da rúa do Progreso na capital ourensá.

As mesmas fontes municipais relataron que un vehículo que manobraba cara atrás, en zona de carga e descarga, golpeou a unha muller de 81 anos que cruzaba pola parte de atrás. Tras o atropelo, a octoxenaria foi trasladada "con prognóstico reservado" ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), concretaron as mesmas fontes.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta