O PPdeG critica os "insultos" de Podemos a Amancio Ortega e insta a Yolanda Díaz a pedir desculpas

Os morados cualificaron de "evasor fiscal" o dono de Inditex.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, criticou os "insultos" de dirixentes de Podemos ao empresario Amancio Ortega pola doazón, a través da súa fundación, de 280 millóns de euros a Sanidade para a compra de dez equipos de protonterapia.

Amancio Ortega
Amancio Ortega | Fonte: Europa Press.

Despois de que dirixentes como a secretaria de Organización da formación morada, Lilith Verstrynge, asegurasen que Amancio Ortega "non é un filántropo", senón un "evasor fiscal", Tellado cuestionou ests afirmacións.

Así, dixo que hai que "agradecer" doazóns deste tipo. "Non entendemos os ataques e insultos dunha parte do Goberno do Estado", asegurou respecto da doazón feita pola Fundación Amancio Ortega.

Ademais, instou á vicepresidenta Yolanda Díaz a "pedir desculpas" polas declaracións efectuadas por cargos de Podemos. E é que Tellado puxo en cuestión que, por unha banda, "se acepte" a doazón e, por outro, "se ataque" ao doante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta