Denuncian que a Xunta "non toma medidas" ante os gromos de covid en granxas de visóns

Dúas organizacións alertan do perigo de novas mutacións da covid e de perda de eficacia das vacinas pola gran cantidade de focos en granxas peleteiras do país. Galicia acumula o 83% dos gromos notificados en todo o Estado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2021 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

A ONG Tu Abrigo Su Vida e a Fundación Franz Weber veñen de remitir unha carta na que unha trintena de persoas expertas en enfermidades infecciosas piden pechar as granxas peleteiras da Columbia Británica (Canadá) para denunciar que "Galicia segue sumando gromos de Covid-19 sen que a Xunta tomase medidas".

Granxa de visóns en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS
Granxa de visóns en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS | Fonte: REMITIDO - Arquivo

Nunha carta aberta, os infectólogos canadenses subliñan que "a presenza continua de grandes granxas peleteiras supón un risco de desenvolvemento de reservorios animais e novas variantes que ameazan con socavar o noso programa de vacinación contra a covid-19 e os esforzos de saúde pública". Unha liña similar, indican as entidades, emprega o Goberno de Dinamarca que avanzou a suspensión de actividade destes recintos ata 2023.

Así, a ONG Tu Abrigo Su Vida e a Fundación Franz Weber reclamaron este sábado a suspensión da cría tras notificarse o décimo quinto gromo nunha granxa peleteira de Galicia, neste caso en Carral. Os animalistas insisten en que a circulación do coronavirus pode dar lugar a novas mutacións e á inhabilitación ou perda de eficacia das vacinas que foron inoculadas a unha importante porcentaxe da poboación.

Co novo caso notificado polo Executivo galego, aseguran, "a comunidade acumula xa o 83% dos gromos notificados en toda España", cunha taxa de incidencia "moito maior" que varios países europeos e norteamericanos. FFW mantén unha iniciativa en change.org con máis de 55.000 firmas para pechar as granxas de visóns. EFE 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta