Exclusiva: PSOE e PP piden o voto na radio arxentina antes da campaña

A lei electoral impide aos partidos pedi-lo voto antes do inicio da campaña electoral. Galiciaconfidencial publica en exclusiva dous anuncios emitidos no programa Galicia con Vos dunha radio de Bos Aires o pasado domingo, e repetidos en ocasións anteriores, nos que tanto o PSOE coma o PP piden o voto. Este feito contravén os artigos 51 e 53 da Ley Orgánica de Régimen Electoral General (LOREG), que prohibe pedir o voto antes do inicio da campaña electoral, neste caso ás 00.00 horas do venres.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/05/2007 | Actualizada ás 00:55

Comparte esta noticia

Pola súa banda, o anuncio do PP anima aos oíntes a votar e, inmediatamente, exhórtaos a informarse nas sedes populares en Bos Aires. A cuña tamén lanza un dos eslónganes dos conservadores na campaña, "Confianza es Futuro".

Os anuncios foron emitidos no programa Galicia con Vos o día 6 de maio. Galiciaconfidencial tamén publica a secuencia completa dos anuncios tal e como foron emitidos, cunha cuña do Centro Gallego polo medio. Este medio dispón da gravación completa do programa, proba da autencidade da emisión da propaganda electoral.

O programa Galicia con vos pode baixarse en directo todos os domingos de 12.00 a 14.00, hora arxentina premendo aquí.

Non é a primeira vez que os partidos piden o voto antes do inicio oficial da campaña. Nos últimos días a Xunta Electoral sancionou ao PSOE por pedir o voto nun acto cos rioxanos no exterior. Tamén a Xunta Electoral de Zona en Ceuta abriu un expediente sancionador ao presidente do PP, Mariano Rajoy por pedir o voto para o candidato dos populares ceutís. Asemade, a Xunta Electoral Central ordenou a suspensión inmediata da campaña do PSOE que leva por lema "tu voto decide" por considerar que contén unha petición "expresa" do voto para este partido. Por outra banda, e tras recursos mutuos, a Xunta Electoral de Lugo obrigou ao BNG e ao PSOE de Lugo a retirar a súa propaganda de farolas e marquesiñas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Muxo

Moitas grazas pola difusión que facedes do noso programa, malia, quero aclararvos que o nome do mesmo é "Con Vós", "galiciaconvos" é a nosa web. Unha aperta

5 anxo

mal, moi mal.

4 meneame.net

[GL] PSOE y PP piden el voto en la radio argentina antes del inicio de campañ...

[Gallego] Una vez más, y por no variar, unos y otros hacen lo que les place, legal o no, por ganar unos cuantos votos. Todos son iguales. [Visto en chuza.org]...

3 america

non debería de parecervos raro: nin os anunciantes nin o conductor teñen vergonza ningunha nin escrúpulos.

2 estevo das estrivadas

PSOE=PP=CAICQUES=TRAMPALLEIROS