O goberno local de Ourense avanza para blindar as asignacións aos grupos fronte a casos de transfuguismo

O BNG, que non estivo na sala, considera que a iniciativa é unha estratexia do rexedor para desviar a atención dos problemas do seu propio partido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2021 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense informou este mércores de que incorporará á normativa municipal o acordo do pleno, do día 8 de xaneiro para blindar as asignacións económicas dos grupos políticos municipais fronte ao transfuguismo.

Esta proposta de acordo, a través dunha modificación das bases de execución dos orzamentos municipais, presentarase este xoves a ditame por parte da Comisión de Pleno para buscar a súa aprobación, por parte do mesmo, na sesión ordinaria do mes de novembro.

Así pois, o Concello de Ourense incorporará á normativa municipal o posicionamento da Federación Española de Municipios e Provincias que recolle que o grupo político, prexudicado ou diminuído na súa composición, non deberá sufrir diminución institucional algunha "nos medios, estimacións económicas e administrativas que como tal grupo correspondéselle con anterioridade".

Deste xeito, o acordo non aumenta a dotación económica para os grupos municipais prevista no orzamento actual ---700 euros por grupo e 700 euros por cada membro do grupo---. O cambio que se fai efectivo é que o número de membros de cada grupo estará determinado polo número de concelleiros electos na candidatura. Manterase invariable durante todo o mandato con independencia de que un ou varios abandonen a formación.

A proposta fora levada a pleno no mes de xaneiro por Democracia Ourensana, o partido do rexedor municipal de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que pasou de ter sete concelleiros a quedar con tres.

RESPOSTA DO BNG

As reaccións non se fixeron esperar e, aínda que no pleno saíu aprobada por unanimidade, foi polos presentes, o BNG non estaba na sala e agora subliña que esta ausencia se debeu a que o paso "era unha estratexia por parte de Gonzalo Pérez Jácome para desviar a atención dos problemas do seu propio partido".

"En contra do que sinalan non houbo unanimidade no Pleno. Os concelleiros do BNG ausentámonos no momento da votación para non ser parte da farsa", expuxo o portavoz da formación nacionalista municipal, Luís Seara. Así mesmo, fixo fincapé en que o partido forma parte da Comisión Antitransfuguismo "desde o día en que se constituíu", lamentando que sufriron " como ninguén" os efectos de "este modo perverso de entender a política".

Seara afeou a Jácome que "isto non lle importa moito" porque "o único que lle preocupa é traer os seus problemas internos ao Concello para desviar a atención e seguir captando diñeiro público". "Quen sobrevive politicamente á conta do maior expoñente de caciquismo non está lexitimado nin política nin eticamente para dar leccións a ninguén", resolveu.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta