Prado enfróntase ás conversas da Pokemon

Destaca o traballo de Ángel Currás a pesares de ter dito que se "suicidaba" se era alcalde e insiste en que, a pesar do sumario, "non fixo nada que deslexitime" o seu papel de portavoz do PP.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/02/2014 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Evitando falar do xuízo da Pokemon e parabenizando o traballo do rexedor de Compostela. Así foi como se quixo presentar este venres a número tres do PPdeG, Paula Prado, logo de bastantes días sen comparecer ante os medios de comunicación a pesares de ser a portavoz deste partido.

Paula Prado, voceira do PPdeG
Paula Prado, voceira do PPdeG

E é que logo da publicación de conversas comprometedoras súas en numerosos medios de comunicación nas que se refire de xeito despectivo a algúns ex compañeiros da corporación municipal de Santiago, incluído o rexedor, Ángel Currás, Prado e o PP preferiron agardar un tempo prudencial.

Con todo, a deputada popular non puido evitar que lle preguntaran sobre esas conversas, aínda que ela inistiu en que son "conversas privadas". Con todo, e ante a pregunta de se segue crendo que Santiago se suicida se o alcalde é Anxo Currás, como aparece recollido nunha conversación súa do ano 2012 no sumario, Prado dixo que "non".

Boas palabras para Currás

Un "non" ao que tamén engadiu eloxios para a actividade do alcalde e que contrastan co que aparece nas numerosas conversas súas referidas a Currás no sumario da Pokemon. "Está a facer un labor importantísima nun contexto moi complicado", dixo del. "Ten a responsabilidade de pór as pezas do seu goberno como considere que se garante mellor a gobernabilidade e creo que neste momento está garantida", engadiu.

E tamén quixo quitar ferro sobre outras conversas críticas con algúns ex compañeiros do concello. "Como portavoz do PP manteño unha magnífica relación con todos os meus compañeiros de partido", dixo sen especificar nada máis.

Ademais, insiistiu que a pesares do que recollen esas conversas, vese lexitimada para seguir á fronte da portavocía do partido. "Eu creo que non fixen absolutamente nada que deslexitime esta función. Pero, en calquera caso, o partido está en condicións de tomar as decisións que considere oportunas", maifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Artur2.

E esta é a que lle leva a campaña electoral ao PP? De traca!!