Falece un home en Ourense que fora diagnosticado de COVID

Desde Sanidade apuntan que padecía patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias comunicaron este xoves un novo falecemento que eleva a 2.652 as vítimas mortais ligadas coa pandemia do coronavirus en Galicia.

Segundo informa Sanidade, un home de 52 anos faleceu na pasada xornada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU).

As autoridades sanitarias constatan tamén que tiña patoloxías previas.

Na pasada xornada non se comunicou ningún falecemento.

Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO)
Edificio do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta