Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 19:50
O representante do grupo galego Baiuca, Alan Queipo, confirmou que a previsión é que a formación, atrapada en Sudán polo golpe de estado que tivo lugar esta semana no país, chegue a España antes deste domingo, tras abandonar xa Sudán.
"Saíron de Sudán e aterrado no seguinte destino. Quedan dúas escalas e máis de 24 horas de voos ata chegar a España, pero xa están a esperar o seguinte voo", asegurou Queipo.
Aínda que ao longo de toda esta semana houbo moita confusión respecto da situación na que se atopaba o país e sobre como e cando poderían abandonar o país Alejandro Guillán --Baiuca--, o percusionista Xosé Lois Romero, a cantante Andrea Montero, o cineasta e responsable da parte audiovisual do espectáculo Adrián Canoura e o técnico de son Alfonso García, finalmente o aeroporto da capital, Xartum, retomou a actividade, o que lles permitiu deixar Sudán.
Con todo, Queipo apuntou que prefiren non ofrecer máis datos "ata que cheguen a España, por seguridade e porque o obxectivo non é ir alimentando a noticia moito máis do importante, senón que cheguen a destino".
Aseguraron que, "por prudencia, seguridade e saúde mental", van controlar moito as cousas que comunican ata "ter seguridade absoluta das cousas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.