Precisamente, a exportación de capital por parte dos países enriquecidos segue sendo unha necesidade no seu proceso de acumulación. Porén, conviría distinguir etapas na maneira de invertir externamente.
Cos avances acadados polos Movementos de Liberación Nacional e Social, o capital tivo que adecuarse a novos escenarios menos favorabeis. A perda de poder político soe conlevar un debilitamento económico principalmente dos procesos de nacionalizacións de empresas extranxeiras, avances nos servizos públicos, así como soportar unha nova reglamentación que limita o poder destas en favor doutras iniciativas empresariais menos corruptas.
A pesar de todo, a política económica das potencias económicas mantívose firme en non ceder a soberanía económica en moitos países. A vía para entrometerse nos asuntos internos nuns casos viña por medio de empresas mixtas, noutros polo colaboracionismo interesado, condicionar o acceso a novas tecnoloxías, pero principalmente mediante a entrega de empréstimos atractivos.
Sen ningunha dúbida, o rasgo mais carácterístico do neoliberalismo de posguerra foi a unidade na resposta. No caso do capital europeo, coa perda de influencia e dun debilatamento como consecuencia da II GM, o capital privado non estaba en disposición de realizar este esforzo nin asumir o risco nun mundo bipolar. Se ben, cedeuse a iniciativa a os EE.UU., axiña buscaron o amparo do governo, ou mais ben da unión de governos (Tratado de Roma, 1.957). A CEE ademáis, tivo outra habilidade: a de saber venderlle a ilusión a países sub-desenvoltos da posibilidade de introducir os seus artigos no Mercado Único.
Só hai que ver a nosa realidade. Sen poder político e cunha economía engranada no eixo das apetencias de Bruxelas-Madrid, as posibilidades para Galiza dun autodesenvolvemento son escasas. Os Fondos Estructurais e de Cohesión lonxe de acadala converxencia, conlevaron a asfixia productiva en sectores claves (a cuota láctea, restriccións no naval ou os cupos na pesca basicamente).
A situación non parece quedarse ahí. Mais ben semella ir a peor debido a un maior Déficit Público co que se financiará os megaproxectos “Next Generation”: unha nova división internacional do traballo na que non se ten en canto ás maiorías sociais. Porque de feito, xa fai anos que entramos noutra fase. Unha nova etapa de derrotas e retrocesos. Coa caída do muro, caeron tamén moitos logros acadados polas clase populares, ollando impotentes como se reavivan as vellas mañas dos poderosos, empezando pola socialización das perdas na banca financeira, pasando pola incremento na desigualdade e rematando nas invasións militar de estados soberanos.